domingo, 9 de agosto de 2015

Segundo o TSX Galicia necesita máis Xulgados e máis persoal.

A Coruña e Vigo son as cidades galegas para as que o TSXG reclama máis órganos xudiciais, así como unha maior oferta de postos de traballo para reforzar o persoal e facer fronte aos casos e demandas que presentan os cidadáns.
Por unha banda, na provincia coruñesa requiren unha praza para a Sala Social do Tribunal Superior de Xustiza, un Xulgado do Social e outro do Mercantil, ademais dun xulgado de primeira instancia especializado en dereito de familia con sede en Ferrol. 
En cambio, para Vigo, o TSXG demanda unha praza para a Sección número 6 da Audiencia Provincial e dous xulgados, un especializado en dereito de familia e outro do Social. Para Lugo reclaman unha praza na Sección primeira, con competencia civil, da Audiencia Provincial. Ourense, con todo, é a única provincia para a que o TSXG non propón novos órganos xudiciais. Actualmente, Galicia conta con 350 xuíces e maxistrados repartidos nas salas Civil, Penal, Contencioso-Administrativo, Social e Militar e outros 15 que actúan como reforzo.
lavozdegalicia.es