jueves, 27 de agosto de 2015

Cursos de linguaxe xurídica galega (Reiteramos novamente a súa convocatoria)

Co fin de que todos os compañeiros destinados tanto na CCAA Galega como fóra déla, accedan ós concursos de traslados en igualdade de condicións que os funcionarios que xa teñen os cursos de galego; STAJ Galicia presentou un novo escrito dirixido á EGAP, esixíndolle a inmediata convocatoria de cursos de formación, –concretamente cursos de linguaxe xurídica galega-, tanto para persoal que traballa dentro da CCAA Galega como para o persoal de fóra de Galicia, e tamén que se amplíen o número de prazas de cada unha das edicións que se convoquen; pois o que non podemos chegar a entender é a discriminación que sufrimos os funcionarios de xustiza co resto de funcionarios da Xunta, e que estamos a ver como nos últimos días estánse a convocar cursos de linguaxe administrativo galego e preparatorios para o Celga, pero cursos de linguaxe xurídica galega para os funcionarios de Xustiza NADA.
Xa está ben!!!
Ver escrito