O vindeiro 18 de xuño está previsto
sexa xornada de votación para a
elección dos órganos de representación
do persoal da Administración de Xustiza en Galicia.
O proceso
electoral diu comenzo o pasado 20 de abril cando de constituíron as Mesas
Coordinadoras Provinciais,
formadas coa persoa funcionari@ de máis antigüidade, a de mais idade y a de
menos de cada provincia. A Mesa Coordinadora e a encargada de levar a cabo o
proceso electoral en cada circunscripción provincial.
O problema surxe coa Asociación Sindical de Secretarios de la
Administración de Justicia e coa Unión Progresista de Secretarios Judiciales, que non son Sindicatos, nin se presentan,
nin se presentaron nunca as eleccións, naquelas Mesas Coordinadoras donde
había dous ou máis Secretari@s (lembrade que como eles/as se xubilan ós 70 anos
e moi posible que o máis antigo e o de máis idade sexan Secretari@s, e eso
supón maioria na Mesa). Na primeira reunión da mesma se outoexcluen do censo
e outodisolven a Mesa Coordinadora, sen esperar a que esas resolución fosen
firmes, contra as que se podía acudir a un Laudo Arbitral. Nas Mesas que non contaban
con maioria de Secretari@s, impugnan o Censo co gallo de que se excluan do
mesmo e dese xeito non votar.
Alegan que son eleccións a Xunta e
que eles non son da Xunta, nós tampouco
somos da Xunta e eles sábeno, somos Corpos Nacionais, ademais estas
elección serven para decidir que sindicatos son os máis representativos a nivel
estatal para negociar tamén co Ministerio en Madrid.
Os Secretari@s sempre estiveron
incluidos nas elección do persoal de Xustiza, pero para que quedase máis claro,
o primeiro de marzo deste ano entra en
vigor un RD-Lei que dispón unha sola Xunta de persaol provincial para tódolos funcionari@s
da Administración de Xustiza, sen exclusións. Pois aínda así os Secretari@s
alegan, contradecindo o que di a Lei, que o proceso electoral comenzou en
decembro do 2014 co preaviso electoral, non coa constitución da Mesa o 20 de
abril, e que ese Real Decreto Ley non afecta a este proceso electoral, xa que
diu comenzo antes da entrada en vigor desa Lei.
Asi as cousas, tódolos Laudos resolveron a favor de que deben estar no Censo e votar
co resto dos funcionari@s de xustiza, pero como cabe impugnar os laudos
ante os Xulgados do Social, xa presentaron as reclamacións pertinentes, é
estamos a espera de que decidan os xuices, menos mal que non pediron a
suspensión das eleccións, nin a repetición das mesmas se lles disen a razón os
tribunais. Este lio atrasou o proceso
electoral, as proclamacións das candidaturas e o impresión das papeletas para
votar, por iso ós que pedistes votar por correo vos chegará a documentación con
moito retraso.