jueves, 9 de abril de 2015

Rexistro de demandas e escritos telemáticos.

As Secretarías Coordinadoras das catro provincias galegas, en coordinación coa Dirección Xeral de Xustiza, están a remitir escritos ós Secretari@s dos xulgados de tódolos Partidos Xudiciais, agás os sete grandes, para que empecen dentro dun calendario que se lle facilita, a facelo rexistro de demandas e escritos telemáticos que se presenten na Orde Xurisdiccional Civil.
Este cometido se lle encomenda o persoal do Decanato, naqueles Partidos que contando con tres o catro órganos xudiciais teñen persoal propio do Decanato. Eso sí, daselle un curso previo antes do comenzo do rexistro dixital que dura entre dúas e catro horas.
Para os Partidos que conten con un ou dous Xulgados e que non teñen persoal propio do Decanato,  pideselles os Secretari@s que  fagan unha relación de funcionari@s, que de xeito voluntario, esten dispostos a facelo rexistro das demandas e escritos telemáticos  que se presenten no Orde Civil.
Unha vez feita a relación, a que se poden apuntar persoal dos tres Corpos de xustiza ( Auxilio, Tramitación e Xestión), se lles dará un curso de aprendizaxe e en cuestión duns días comenzará o rexistro telemático.
Na relación entrarán funcionari@s de ámbolos xulgados, no caso de que haxa dous, e se fara unha quenda mensual, polo que cada mes lle tocara a unha persoa levalo rexistro. Durante ese mes tera dereito a unha prolongación de xornada, e deberá cumprir 40 horas semanais de servicio efectivo. 
De momento solo tivemos acceso os escritos enviados pola Coordinadora de A Coruña, donde se lles comunica o calendario para os cursos e o día de comenzo do rexistro telemático en cada Partido Xudicial, e tamen os importes a cobrar por cada Corpo no prolongación de xornada mensual.
Importes a percibir mensualmente por Corpos