O goberno municipal
vén de aprobar unha moción presentada polo grupo popular sobre o Rexistro Civil
que non recolle as demandas de todos os sindicatos (CC.OO, USO, UXT, CSIF, CIG
e STAJ) expostas na reunión que éstes mantiveron o pasado martes co alcalde e o
concelleiro Miguel Lorenzo, e que si foron apoiadas no Pleno polo resto dos
grupos municipais.A devandita moción secunda a posición mantida polo goberno
central e non garante que non se mercantilice o Rexistro, a súa gratuidade e a
xestión por persoal da Administración de Xustiza. Traballadores e
representantes sindicais, que asistiron ao pleno tras serenlle incautadas as
camisetas amarelas reivindicativas que portaban, foron expulsados e
identificados ao protestar por non ter sido aprobada a moción que recollía as
súas pretensións e que garantía a permanencia na Administración de Xustiza do
Rexistro Civil e a súa gratuidade.
- Contacto
- OPAX
- Correoweb.xustiza.gal
- CONCURSO DE TRASLADOS 2025
- PROCESOS SELECTIVOS 2022 ESTABILIZACIÓN
- PROCESOS SELECTIVOS 2024
- PROCESOS SELECTIVOS 2025
- SUBSTITUCIÓNS
- COMISIÓNS DE SERVIZO
- PERSOAL INTERINO
- BOLSAS INTERINOS XUSTIZA
- RETRIBUCIÓNS
- NORMATIVA XERAL XUSTIZA
- TRIBUNAIS DE INSTANCIA
- NUMO GALICIA
