miércoles, 8 de abril de 2015

Extensións de efectos en Ourense, con intereses e condena en costas a Xunta.

Hai como un mes e pico, o TSX de Galicia, resolvendo un Recurso en Interese de Lei interposto pola Xunta de Galicia contra a sentenza que estimaba a devolución completa da paga extra e da paga adicional de 2012, recortaba dita sentenza,  e en concreto a contía da paga adicional, é en vez de dar seis meses solo concede dosu meses e dez dias.
A partires de ahí a propia Abogada da Xunta presenta un escrito pedindo que se desestimen tódalas extensións de efectos presentadas, por considerar que ó estar modificada a sentenza orixinal polo TSX, vulneraba dita sentenza de primeira instancia a propia doutrina do TSX. E en segundo lugar, para o caso de que non se desetimasen, se suspenderan a espera do resolución do Recurso que está pendente no Tribunal Supremo.
Polo Xulgado se nos da traslado para alegacións, e a abogada de STAJ presentou escrito pedindo que e seguese cos trámites dos procedemento e se dictase resolución concedendo as extensións de efectos, utilizamdo os fundamentos xuridicos que veredes nun dos escritos presetados.
O Xuíz acolle os fundamentos e dita Autos concedendo, en todolos casos que leva STAJ, as extensións de efectos con intereses e condenado en costas a propia Administración. A cantidade de condena en costas fixa o Xuíz en 235 euros como cantidade máxima, no que na maioría dos casos compensa a perda de parte da paga adicional.

Escrito de alegacións 
Auto concedendo a extensión de efectos