martes, 28 de abril de 2015

Devolucción da extra 2012.....mentira sobre mentira.

Hoxe chegounos a nómina ó correo electrónico, e tal e como sospeitábamos, ven sin o segundo prazo daquel 25% da paga extra do 2012 que Feijoo dixo que nos ían a devolver neste ano, un prazo en xaneiro e outro en abril.
En xaneiro mentíronnos acerca da cantidade que cobramos, dixeron que ía ser o 12,5% da paga extra e tan solo foi o 10,5% , para que fora o 12,5% deberían darnos 22 días de paga extraordinaria e 22 días de paga adicional, e desta última solo nos diron 7 días ( tal e como se recolle na fórmula que usaron para o pago de xaneiro).
Agora veñen decindo que non van a pagar con esta nómina porque non teñen aprobada a Lei donde se recollía tal pago, despois de anuncialo nos xornais a bombo e platillo, pero o peor é, que non saben con seguridade para cando se fará o pago.
Como para fiarnos do anuncio de Feijoo cando dixo que ían a devolver a paga extra integra en 3 anos, empezaron ben, como non os obriguen os xuices executando demandas ou extensións de efectos, logo nola han devolver.