miércoles, 29 de abril de 2015

Descontos no CAT...cada xuíz súa sentenza.

Dende o ano 2013 estamos a sufrir descontos nas dúas pagas extras por parte da Xunta, e no caso de Tramitadores/es e Xestores/as, ademáis, en tódalas nóminas do ano se lles desconta a uns 9 euros e a outros 24 euros. Esto en Xustiza non afecta nin Secretarios, nin a Fiscais nin a Xuices que cobran do Ministerio e polo tanto non están sometidos a descontos na súas nóminas.

A mediados deste mes conocíamos que un Xuiz de Ferrol estimaba en parte unha demanda e recoñecía o dereito dun funcionario a que a Xunta lle devolvese parte do desconto que lle fixo no ano 2013. Non temos máis que eloxios para este xuiz, que no caso da paga extra foi o primeiro de Galicia que non suspendeu as extensións de efectos e está a tramitalas e a executalas con carácter forzoso, en cuestión de días empezarán a cobrar os compañeir@s que presentaron ali as extensións de efectos.

Esa sentenza positiva en parte, está en prazo de ser recurrida pola Xunta en Interese de Lei ante o TSX de Galicia, e solo sería extensible a compañeir@s que teñan domicilio dentro do ámbito territorial dese xulgado.

Pero como a nosa obriga e informar do bo e do malo, debemos decir que antes desta sentenza de Ferrol, que a nós nos consten, dictaronse tres máis nas localiades de Ourense, a Coruña e Vigo todas elas desestimatorias, con fundamentacións distintas, pero todas no mesmo sentido, denegando as peticións solicitadas nas demandas.

Esto é o que non  podemos tolerar, que cada xuíz teña un criterio, que cada sentenza teña unha fundamentación distinta e que non pase nada.

Xa pasou coas sentenzas da paga extra, aínda que todas positivas, cada unha estimaba unha cousa, ou coas suspensións das extensións de efectos, uns xuices suspenden e otros non.
Como mostra deste desorden interpretativo deixámosvos a sentenza dictada en Vigo sobre os descontos no CAT e que foi desestimatoria.
Sentenza CAT Vigo