miércoles, 11 de marzo de 2015

STAJ esixe a fin da obriga de comparecer con abogado e procurador na defensa dos nosos dereitos estatutarios.

Dende hai máis de dous anos aos funcionarios se nos impuxo,  outra vez, a obriga de litigar con abogado e procurador cando demandásemos a Administración en defensa dos nosos dereitos estatutarios.
Esta obriga crea unha discrimación en comparación co resto de traballadores/as e empregados publicos (laborais) que están  sometidos o Estatuto de Traballadores e que demandan no ámbito xurisdiccional social.
Para acabar con esta discrimanación se recolle nunha Disposición Adicional da nova Lei de Xustiza Gratuita, a anulación de comparecer con abogado e procurador, pero es lei leva tempo esquecida no Congreso dos Diputados e non da visto a luz. Ante esta situación STAJ esixe o Ministro que na proxima Lei que se aprobe nas Cortes se intruduza esta cambio e se nos deixe comparecer e defendernos por nós mesmos.
Tamén se lle pide que se exima das taxas xudiciais os Sindicatos cando litigan contra da Administración ou contra do empregador, defendendo dereitos sindicais ou laborais do seus afiliados ou representados.   
Ver escrito presentado no Ministerio