Hoxe
publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de
Xustiza, pola que se regula un complemento retributivo por obxectivos do
persoal funcionario destinado nas unidades xudiciais con competencias en
materia de violencia sobre a muller.
É obxecto desta resolución regular o complemento retributivo por obxectivos do persoal funcionario destinado nos servizos comúns con competencias en materia de violencia sobre a muller.
Este
complemento retributivo por obxectivos é de carácter mensual, adicional e
compatible co complemento específico, así como coas prolongacións de xornada
establecidas, de ser o caso, para este persoal.
Esta
resolución será de aplicación ao persoal funcionario que preste servizo nas
seguintes unidades: a) Servizo común que corresponda en localidades con
tribunais de instancia con seccións de violencia sobre a muller, segundo o
disposto na relación de postos de traballo. b) Servizo común que corresponda en
localidades con tribunais de instancia con seccións de instrución con
especialización en violencia sobre a muller, segundo o disposto na relación de
postos de traballo. c) Servizo común de tramitación do tribunal de instancia
dos partidos xudiciais da fase I que asumen a materia de violencia sobre a muller,
no caso de que incoasen 75 dilixencias na materia no ano anterior. O persoal
funcionario que poderá recibir este complemento será o persoal que desenvolva
as súas funcións dentro do grupo de penal (procedemento penal, procedemento e
execución penal e/ou execución civil e penal), de conformidade co disposto no
correspondente protocolo de actuación, ao cal se sumarán unha ou dúas persoas
do corpo de auxilio xudicial, e quedará, en todo caso, supeditado aos límites
establecidos no anexo I
A
cantidade que vai percibir o persoal funcionario referido no artigo anterior
será de:
a)
115,83 €/mes.
b)
86,89 €/mes.
c)
57,92 €/mes.
Estas
cantidades serán actualizadas segundo o disposto na orde de confección de
nóminas.
VER DOG
