Seguindo coas reunións programadas cos diferentes grupos políticos e xurídicos, co fin de acadar o seu apoio na loita contra a PRIVATIZACION DO REXISTRO CIVIL, onte, STAJ GALICIA xunto cos demais sindicatos, compañeiros do Rexistro Civil de Vigo e SOS XUSTIZA, tivemos unha reunión coa Deputada do BNG, Olaia Fernández e conquerimos que pola mesma, se plantexe ante o Congreso dos Diputados o debate de dita cuestión.
Reunión co BNG
O pasado xoves 19 de marzo, as centrais sindicais CCOO, STAJ, CIG, SPJ-USO, CSI-F e UXT, así como a plataforma SOS XUSTIZA, mantivemos unha xuntanza en Pontevedra co Alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, ó cal lle fixemos ver a situación á que se dirixe o Rexistro Civil, e o dano tanto económico coma de servizo, que vai traer para toda a cidadanía se, o 15 de xullo, o Ministerio de Xustiza, dallé aos Rexistradores Mercantís, a levanza do Rexistro Civil.A súa resposta foi moi positiva, comprendendo o alcance da situación, e comprometeuse a levar ao pleno unha moción a fin de tentar que obter o total respaldo da corporacion.