De momento a Xunta de Galicia ( Conselleria de Facenda) non sacou ningunha Instrucción, Resolución ou Orde que nos aclare o xeito de devolvernos o 25% da paga extraordinaria do 2012.
Existen rumores de que vai ser en dous plazos, un 12,5% na nómina de Xaneiro, se non dese tempo na de Febreiro e outro 12,5% na nómina de Abril.
Tamén se di que cobraríamos o 50% no 2016 (ano electoral en Galicia) e o restane 25% no ano 2017.
As cantidades que recibamos, sexas cales sexan , non se imputarán ó ano 2012, se non que contaran como ingresos do ano no que se reciban ( Instrucción Ministerio de Hacienda), polo que non será necesario facer declaracións complementarias.
Estamos a espera de que Facenda publique unha Instrucción que recolla todo esto de forma oficial, que nos diga si temos que solicitala e quen ten que facelo, e que cantidades e conceptos son os que eles consideran paga extra.
Xa vos iremos informando.