jueves, 4 de diciembre de 2014

Situación actual das demandas e extensións de efectos da paga extra do 2012.

A día de hoxe solo cobraron algúns dos demandantes principias (os que ganaron a sentenza), a Xunta pagoulles na nómina do mes de novembro, os outros ainda lle pagará na nómina deste mes. Esto non é ningunha novidade, sabíamos que eses demandantes ían a cobrar, para eles a sentenza era firme e só era cuestión de tempo.

Na actualidade non cobrou ninguén máis. Aquelas poucas extensións de efectos do xulgado de Pontevedra nas que se dictou auto definitivo  (esto sucedeu porque non se suspenderon de inmediato, xa que o xulgado non tivo coñecemento oficial do recurso de Interes de Lei interposto, e por iso pasou algún tempo antes da suspensión dando lugar a que unhas cantas extensións se tramitaran ata o Auto), a execución está suspendida por resolución do xulgado e pendente dun Recurso de Reposición, este recurso resolveo o mesmo órgano xudicial.

Non se cobrou ningunha extensión de efectos, nin se vai cobrar de momento.

Tampouco a Xunta vai pagar voluntariamente (como se está a decir) a non ser que o xulgado levante a suspensión da execución e obrigue a Xunta a pagar.

Cónstanos que o xulgado de Ferrol non suspendeu as extensións de efectos, considera que si a Xunta non interpuxo o Recurso de Interese de Lei directamente contra a súa sentenza, non é posible extender a suspensión, e segue para diante co tramite das extensións, xa van varios Autos definitivos, pero tampouco ninguén cobrou, a Xunta non paga voluntariamente, está a poñer tódolos obstáculos posibles

Si houbese mais novedades xa vos informaremos.


Por certo, estamos a espera de coñecer a sentencia do xulgado do Contencioso de Vigo sobre a demanda que presentamos para recuperar os “canosos”, tanto por vacacións como por asustos particulares a que tiñamos dereito no ano 2012, tan pronto a teñamos, sexa positiva ou negativa ímola publicar.