No caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade ou en distintas localidades dunha mesma provincia,
ambas as formalizacións poderanse facer o día da toma de posesión, sendo a data
de formalización do cesamento a que corresponda de acordo coa resolución de
adxudicación.
A continuación relacionamos a documentación que teñen que
acreditar as persoas que tomen posesión e procedan de fóra da CCAA galega.
Persoal procedente de fóra da comunidade:·
Fotocopia do DNI· Ficha de
recollida de datos (persoais e bancarios)·
Fotocopia da tarxeta sanitaria (unicamente para ingresos posteriores a
01/01/2011) e/o tarxeta de MUXEXU·
Certificado de haberes·
Certificado ou copia dos trienios·
Certificación das vacacións e días gozados na Administración da que procedan· Modelo 145 (IRPF)
Por cuestións organizativas, a formalización da toma de
posesión terá lugar entre as 9.00 e as 11.30 e a dos cesamentos entre as 11.30
e as 14.00, de luns a venres, no caso de que un funcionario reingresado tome
posesión antes das datas indicadas na praza doutro que tamén obtivera destino
no concurso, este segundo cesará o mesmo día da toma de posesión do
reingresado, empezando a contarlle o seu respectivo prazo posesorio.