lunes, 10 de noviembre de 2014

O Xulgado de A Coruña admite as extensións de efectos presentadas por compañeir@s que viven fora do seu ámbito territorial.

O Xulgado do Contencioso número Un de A Coruña, esta a admitir as extensións de efectos solicitadas por compañeir@s que están domiciliados en Santiago, e noutras cidades e vilas que están fora do ámbito  territorial dese órgano xudicial.

É unha boa nova para os que residen no terminos dos Partidos Xudiciais de Santiago, Padrón e Ribeira, pois a espera para que houbera unha sentenza nos xulgados da Capital de Galicia sería de máis dun ano.

O Xuiz  interpreta, que si a demanda foi presentada contra a Xefatura Territorial de provincia de A Coruña, ( son quen confeccionan a nómina de todo o persoal da xustiza de esa provincia ) e aínda que o domicilio dese organismo esta na cidade A Coruña, este é xulgado competente por ser o do domicilio do organo administrativo autor do acto contra o que se recurre, sendo común a toda provincia ( competencia territorial alternativa a do domicilio do demandante).

Queremos deixar claro que esas extensións de efectos tamén están afectadas pola suspensión do Recurso en Interese de Lei, e polo tanto se tramitan hasta que solo quede pendente o Auto definitivo, non é posible a execución provisional, pois non existe a resolución definitiva(Auto firme extendendo os efectos). 

STAJ segue recomendando esperar a que o T.S. resolva o Recurso en Interese de Lei presentado contra da sentenza de Sevilla ( aplazouse recentemente), non debía tardar mais de 2 meses, e dese xeito coñecer o criterio do Supremo sobre a recuperación da nosa paga extra, e despois en vista do mesmo solicitar a extensión ou non. 

Lembrade que están todas suspendidas, e que o prazo para solicitala e moi amplo, ata un ano despois de que o Supremo dicte a Sentenza correspondente. O único perxuizo son os interses que comenzan a correr dende a solicitude de extensión, pero a cantidade de dous ou tres meses de espera é escasa.