Staj conquire unha nova sentenza que devolve a paga extra que o Goberno nos expoliou no 2012. Deixamosvós a sentenza completa.
Neste caso tratase dunha sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número dous de Vigo, que recoñece a totalidade da paga extra e unha parte da paga adicional. A demanda foi presentada polo delegado de Staj en Vigo, e a esta sentenza non lle afecta o recurso que presentou a Xunta contra das outras que coñecemos, polo que de momento se pode pedir a extensión de efectos sen que a suspensión, que si paralizou tódalas outras extensións, lle afecte a esta resolución, por ser posterior no tempo a interposición pola Xunta do Recurso en Interese de Lei.
Vela sentenza íntegra