Novamente, onte enviamos un escrito dirixido á Dirección Xeral de Xustiza esixíndolle unha nova regulación das substitucions en Galicia.
Neste sentido este sindicato entende que non se pode cesar a un traballador sustituto polo mero feito de encontrarse de baixa médica, esiximos á DXX un novo marco regulador deste punto das substitucións; como tamén lle esiximos que proceda inmediatamente ó pago ós traballadores que se encontran facendo as substitucións verticais, das retribucións complementarias e ademáis, a diferenza entre as retribucións básicas e as correspondentes ao corpo ao que está adscrito o posto que efectivamente desempeñan. É dicir, que paguen a diferencia de salarios entre un corpo e outro. Non entendemos que dende o ano 2011 en que o TSJ dictou a sentenza 510/2011 esta situación estea sen arranxar.
"IGUAL TRABALLO IGUAL SALARIO".
Escrito remitido á DXX
