lunes, 20 de octubre de 2014

Sentenza paga extra de Ferrol e nova sentenza en A Coruña.

Xa hai unhas  semanas coñéciamos unha nova sentenza, esta vez en Ferrol, que otorgaba  a paga extraordinaria  a un funcionario de xustiza. Concedelle esta sentenza o concepto de paga extraordinaria completo (este concepto está integrado por unha mensualidade de soldo, outra de trienios e o complemento de destino, este último xa hai anos que non se cobra nas nóminas ordinarias, pero quedou para as pagas extraordinarias e supón 364 euros para o Corpo de Xestión, 329 para o Corpo de Tramitación e 276 para o Corpo de Auxilio), tamen recoñece 1 mes e nove dias (de seis meses que corresponderian, polo que non chega ó 25%) da Paga Adicional art.12 ( complemento que nos da a Xunta) e que nunha paga extra suporía as cantidades de 399 euros para Xestión, 348 para Tramitación e 326 para Auxilio. En definitiva esta sentenza estima o mesmo que a de Pontevedra .

O martes pasado foi dictada unha nova sentenza na cidade de A Coruña ( lembrade quue xa había unha dictada noutro xulgado) esta é do Xulgado do Contencioso nº 3. Esta sentenza recoñece toda a cantidade do concepto Paga Extraordinaria, pero non fala nada da Paga Adicional, non sabemos si é porque non a estima, ou porque considera o concepto Paga Extraordinaria como muy amplio e que engloba a Paga Adicional, tamén condena en costas a Administración.
Deixámosvos as dúas sentenzas para que poidades coñecelas e utilizalas a vosa conveniencia.
Sentenza CoruñaSentenza Ferrol