Xa vai para dez meses, o 26 de decembro de 2013, cando se anunciaban no DOG as accións formativas que ía a relizar a EGAP para o persoal de Xustiza durante o ano 2014. Dentro deses cursos atopábanse 3 edicións de Linguaxe Xurídica Galega (unha de nivel medio e dúas de nivel superior) para persoal que presta servizos fóra da nósa Comunidade e outras 6 edicions (3 de cada) para persoal que presta servizos dentro de Galicia.
Pois ben, ningunha desas edicións foron convocadas, despois do tempo transcurrido e do avanzado que vai o ano. Preguntamos varias veces na EGAP e sempre díron a calada por resposta. O mércores enviamos a nósa quiexa por escrito e pedimos a inmediata convocatoria dos cursos, e dende logo non imos a permitir outra suspensión por motivos exclusivamente económicos, como xa sucedeu en pasadas edicións.
Xa o 17 de xaneiro STAJ lle enviou á EGAP un escrito pedindo a convocatoria dos cursos e máis a ampliación das prazas por edición, pois ó seren impartidos na modalidade de teleformación non existen problemas de espazo nin ten sentido un límite tan baixo de prazas por edición. E tampouco vemos razoable que para o persoal de fóra solo se convoquen a mitade de edicións que se convocan para o persoal de Galicia, e aínda por riba con menos prazas por edición.
Velo escrito remitido en xaneiroVelo escrito remitido o mércores