lunes, 13 de octubre de 2014

Extensión de efectos das sentenzas.

Primeiro queremos aclarar os rumores que aseguran que xa hai compañeiros que cobraron mediante a solicitude de extensión de efectos, NON É CERTO, Ó DÍA DE HOXE NON COBRARON SIQUERA OS DEMANDANTES DA RECLAMACIÓN PRINCIPAL. Sí que é certo que o Xulgado do Contenciosos Tres de Pontevedra dictou  seis autos polos que se lles estima a outros tantos compañeiros a extensión de efectos, pero non cobraron de momento.

Os Avogados da Xunta interpuxeron  Recurso en Interese de Lei, pero solo contra dúas sentenzas, polas noticias que temos  son as de A  Coruña e Ourense. Ese Recurso interponse directamente no Tribunal Supremo, e os Xulgados están alleos a esa interposición, hasta que a propia Xunta o alega para suspender os procesos en alguna das súas intervencións por escrito.

Cónstanos que a Xunta alegou a interposición do recurso en A Coruña e Ourense, e as extensións de efectos de esas dúas sentenzas suspendéronse polos xuices, pero tamén se suspenderon as extensións presentadas en Vigo, aínda que non se presentou un recurso directo sobre esa sentenza, o xuiz considera que aínda que non se recurriu a súa sentenza ten que suspender, e dicta unha Providencia que no ten desperdicio (pódese ver o final do texto), nela di que como se presentou un recurso contra unha sentenza dictada por outro xulgado na mesma materia o día 12/09/2014, debe suspender as extensións de efectos da súa sentenza hasta que o TS resolva sobre o mesmo.

Si esto é así, é posible que a Xuíz de Pontevedra cando teña constancia do recurso deba anular os seis Autos declarando a extensión de efectos, pois son posteriores a interposición do recurso. A diferenza estriba en que os procesos que se suspenden en Vigo están en trámite  e os seis  de Pontevedra están xa concluídos, non sabemos exactamente si terán as mesmas consecuencias.

Si o xuíz de Vigo ten razón, e verdadeiramente con interpor un recurso xa afecta a todalas sentenzas  que se dictaron da mesma materia, entón a sentenza do Supremo fará taboa rasa, e dará a todos a mesma cantidade, sen que haxa as diferenzas de cartos que  agora mesmo existen entre  sentenzas coñecidas.

Por outra banda en breve tempo, xa foi o xuizo o dia 2 de outubro, coñeceremos unha sentenza do Supremo que decide sobre a reclamación da paga extra do persoal que presta servizos no Tribunal Constitucional, e saberemos deste xeito cal é o criterio do Supremo sobre a paga extra dos funcionarios de Xustiza, si é positivo e lles recoñecen o dereito a cobrala, cremos que cando resolva o recurso das sentenzas de Galicia manterá a mesma opinión, e partires de ahí STAJ iniciará de xeito xeneralizado as solicitudes de extensión de efectos naquelas cidades que teñen sentenzas.

No Supremo tamén está pendente a resolución do Recurso en Interese de Lei que se presentou contra a sentenza de Sevilla, estaba para primeiros de outubro, pero aplazuose, pensamos que póde resolverse a finais de novembro.

A opinión de STAJ GALICIA, no que se refire a solicitude de extensión de efectos das sentenzas da  paga extra, sempre foi a de esperar  unha resolución do Tribunal Supremo sobor deste tema.


Tamen pensamos que unha vez  se dite a devandita resolución polo Tribunal Supremo,  o recoñecemento de Montoro a pagar o 25% non vos debe  votar para atrás á hora de solicitar a extensión de efectos ou presentar demandas, cecais solo  sexa un intento para desactivar as accións xudiciais.

Artigos 110 da LJCA sobre a extensión de efectos e 100 sobre o recurso en interese de lei