jueves, 2 de octubre de 2014

Demanda para recuperar os "CANOSOS", tanto por vacacións como por asuntos particulares.


STAJ GALICIA presentou demanda contenciosa-administrativa, é a primeira en Galicia, co obxecto de recuperar os días adicionais por antigüidade, (CANOSOS), tanto os relativos ás vacacións, como ós días de libre disposición, ós que xa  tiñamos dereito na data da publicación do "decretazo" (xullo de 2012).

A demanda basease en que os días "canosos" que xa tiñamos son dereitos consolidados e que o do Real Decreto Lei non os pode eliminar. Este "decretazo" non podía quitarnos os "canosos" que xa gozabamos, si evita a partires da súa publicación que se xeneren máis "canosos".

Como xa vos informamos hai sentenzas no País Vasco que recoñecen o desfrute destes días, aínda que non a persoal de xustiza.

STAJ GALICIA tan pronto teña algunha resolución relativa á devandita demanda, publicarémola no noso blog, para que, en caso de ser positiva calquera compañeira ou compañeiro poida levar a cabo unha posible extensión de efectos ou a reclamación que considere oportuna.