martes, 1 de abril de 2014

STAJ recolle sinaturas a favor da creación de novas prazas e da inclusión de máis vacantes no concurso.

No día de onte, dentro da campaña que imos facer por toda Galicia, empezamos a recoller sinaturas de compañier@s que, ó igual que nós, REXEITAN o plan de amortización de prazas na Administración de Xustiza, e consideran inaceptable a supresión das resultas en moitos  órganos  xudiciais, que está a impedir que  exerzamos o dereito a cambiar ou mellorar o destino actual, e mailo dereito de acercamento ou reunificación familiar de centos de traballador@s de dentro e fóra de Galicia, que queren que no concurso de este ano saian tódalas prazas vacantes e de próxima xubilación, que se consoliden os reforzos, para ser ocupados neste concurso por titulares, nas Fiscalías e outros órganos como no Imelga de Vigo, o Decanato de Ourense e mailo de Ferrol e se creen novas prazas nas propias Fiscalías, nos Servizos de Apoio e Secretarias de Coordinación. 
Seguimos sen entender como o resto de Sindicatos non pide o mesmo ou apoia esta iniciativa, ben por separado ben de forma conxunta, pero con ou sin eles, creemos que xa é hora de rematar cunha situación inxusta, irregular e ilegal, que se mantén dende  hai anos, sen que a DXX lle poña remedio.