lunes, 21 de abril de 2014

Selección do persoal colaborador da Xuntas Electorais.

Por mor das consultas de moitos compañeir@s, respeto da selección do persoal que colabora coas respectivas Xuntas Electorais, ben sexan de Zona ou Provinciais, temos que aclarar que segundo unha multitude de Acordos da Xunta Electoral Central (especie de xurisprudencia deste órgano), é o Secretario de cada Xunta Electoral, de xeito consensuado, ou non, cos membros da  propia Xunta Electoral, quen selecciona ao persoal que en cada proceso realiza funcións de colaboración coas respectivas Xuntas. 
Na práctica o que se fai na maioría dos casos, e un sorteo en cada órgano Xudicial no que o seu titular forma parte de Xunta Electoral, pero tamén se dá o caso de que existen persoas que están en tódolos procesos electorais, e que son elixidos directamente sen entrar en ningún sorteo, nin ser plantilla de órganos xudiciais no que o seu titular forma parte da Xunta.
A nós parecenos que o proceso de selección, sendo legal, é moi  mellorable e inxusto, pois rompe coa igualdade de oportunidades e deixa fora de esa seleción a órganos como as Fiscalías, Imelgas, SCNE, Servizos de Apoio, etc.
A selección naquelas localidades que contan con maior número de Xulgados,   deberíase facer mediante un sorteo entre tódolas persoas que queiran formar parte da Xunta Electoral, que son moitas, sen distinción de órganos nin de Corpos, cremos que todo o persoal de Xustiza está capacitado para realizar esta función.

Tamén nos resulta dificil de entender, por moitas voltas que lle damos, que liberados sindicais, que non traballan nos seus xulgados e que deberían dedicar ese tempo a tratar de arranxar a multitude de problemas que ten o noso colectivo, estén traballando nas Xuntas Electorais, refirímonos en concreto a dous representantes de SPJ-USO, un en Pontevedra e outro en Vigo, poderán decir que os chamaron, que a Lei di que é unha obriga, que teñen moita experiencia..... non teñen disculpa!!!