miércoles, 16 de abril de 2014

Pedímoslle a DXX que informe favorablemente sobre a convocatoria de Promoción Interna.

Como sabedes levamos varios anos sen unha convocatoria xeral de oposicións para o acceso os Corpos da Administración de Xustiza. Dende a convocatoria do 2011, o ano pasado sacaron unhas poucas prazas de Xestión e Secretarios e este ano solo 160 de Secretarios. Esto está a perxudicar a nosa carreira profesional ao ter ligada a promoción interna a convocatoria de oposicións, sen oposicións non podemos ascender. En varias ocasións, polos Sindicatos, se lle pediu ao Ministerio que este ano sacase unha convocatoria de promoción interna, xa que non vai convocar oposicións, e o Ministerio acolleu positivamente tal proposta e recentemente pediu informe sobre esa posibilidade as Comunidades Autónomas con compentecias en Xustiza. 
O pasado luns, remitimoslle escrito a DXX pedíndolle que informe de xeito favorable a convocatoria  do proceso de promoción interna, para os Corpos de Tramitación e Xestión, mitigandose así o perxuizo da falta de convocatorias de oposicións.
Ver escrito enviado