martes, 8 de abril de 2014

Onte fixemos entrega á DXX das sinaturas recollidas.

No día de onte STAJ GALICIA presentou na Dirección Xeral de Xustiza en Santiago, 1835 sinaturas, que recollemos entre tódolos compañeir@s dos Xulgados de Galicia, coas que esperamos que o SR. Director Xeral entenda que   RECHAZAMOS  o plan de amortización de prazas na Administración de Xustiza, e que consideramos inaceptable a supresión das resultas en moitos  órganos  xudiciais, e  o mesmo tempo AUMENTE a “ridícula” relación de prazas vacantes que se ofrecen para o vindeiro concurso de traslado, sacando no mesmo a totalidade das vacantes existentes, máis as posibles xubilacións, ademais da  creación de novos postos de traballo, e que se consoliden para ser cubertas por titulares neste concurso, as prazas de reforzo existentes nos diferentes órganos.

Debido o pouco tempo co que contamos, polo avanzado do proceso de remisión de prazas ao Ministerio por parte das CCAA, e porque solo  temos 3 persoas con dispoñibilidade horaria  para Galicia, quedaron por recoller sinaturas en algúnhas vilas da provincia de Ourense e Lugo.

Queremos darvos as GRAZAS A TOD@S OS COMPAÑEIR@S  polo gran apoio recibido e a boa acollida que tivo esta iniciativa, e como xa dixemos, esperamos que o Director Xeral de Xustiza tome en conta o que se lle solicita  por todos vós.