Dende este Sindicato manifestamos o noso
malestar pola falta de
previsión novamente da Dirección Xeral de
Xustiza, que pretende realizar o expurgo a custo cero.
A realización do expurgo non pode menoscabar a atención ao cidadán e a
traballo diario nos xulgados galegos, polo que este sindicato presentou un escrito dirixido á DXX con
data 11 de marzo de 2014.
Este sindicato, novamente quérelle dicir á
Dirección Xeral de Xustiza que nalgúns Xulgados, e por orde dos
secretarios xa comenzou dito expurgo, e o mesmo estase a facer por alguns
compañeiros, baixo presions, e sen saber ven cal é o seu traballo.
Polo tanto este sindicato remite novamente
escrito para que pola DXX e ante a gravidade da situación que se
está xerando, de forma INMEDIATA, proceda a darlle solución a
este grave problema, designando persoal de apoio a cada órgano xudicial,
ou no seu caso, se amplíe a xornada aos integrantes de cada órgano xudicial,
que voluntariamente o soliciten e coa remuneración correspondente e fóra do horario
habitual, para que realicen o labor de EXPURGO e así
non entorpecer o traballo diario dos xulgados, coma asi se
solicitou por este Sindicato no devantido escrito de data 11
de marzo de 2014.
Escrito de 2 de abril de 2014
Escrito de 11 de marzo de 2014