jueves, 10 de abril de 2014

EGAP: convocatoria de cursos para persoal de Xustiza.

No DOGA de hoxe publicouse a convocatoria de cursos de formación para persoal da Administración de Xustiza en Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta mesma resolución no Diario Oficial de Galicia., dende maña dia 11 ao 20  de abril inclusive.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.es/matricula> desde as 8:00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación
O número máximo de cursos que se pode solicitar limítase a cinco. 

Ver Resolución e relación de cursos no DOGA.
Enlace a Egap para matriculación nos cursos.