Unha
autentica vergoña … xa non é que enganen
aos funcionarios… senón o que é peor, enganan aos cidadáns, facéndolles ver
que se cubren as baixas por vacacións ou dias de asuntos propios que disfrutamos…
e ao final resulta que unha baixa dunha compañeira por embarazo de risco e
futura maternidade tardan máis de tres meses en cubrila, e a dia de hoxe seguen
sen designar a alguén no seu posto… co consecuente prexuízo para os xusticiables,
os cales acoden aos Xulgados como último recurso para solucionar os seus
problemas.
Isto
é o que esta pasando en todos os Xulgados da
comunidade Galega, e o exemplo mais recente témolo no Xulgado de
Primeira Instancia e Instrucción n. 2 de Porriño, que desde finais de xaneiro de
2014, conta cun funcionario menos na sua
plantilla, polas razóns antes expostas, e a Direccion Xeral de Xustiza non fai
nada respecto diso, desatendendo as
solicitudes efectuadas pola Secretaria do devandito Xulgado.
STAJ
GALICIA, presentou o pasado dia 25 de Abril un escrito pedíndolle a Dirección
Xeral o urxente nomeamento dun interino para a devantida praza, que ainda que
foi cuberta nun principio o 2 de abril
de 2014 en sustitución vertical, fixose por unha compañeira, do mesmo Xulgado, e decir, dando lugar a un
novo posto vacante no mesmo, que non foi
cuberto, levando en definitiva, mais de
tres meses valeira.Escrito presentado por STAJ Galicia
Esperamos que pola Dirección Xeral se proceda sin mais
dilación o nomeamento dun interino para dita praza, e se diexen de intentar aforrar uns miserables euros en persoal, o cal e
imprescindible para o
funcionamento dos organos xudiciais,… mentras se estan a gastar, centos
de miles, en prevendas e dietas innecesarias
dos políticos e altos cargos da Xunta…. por decir algo ..…