Fai uns meses constituíse en Madrid unha Plataforma Sindical, formada por os 4 Sindicatos máis representativos a nivel naciona l( CSIF-CCOO-STAJ-UGT), esta Plataforrma, aínda hoxe vixente, naceu para facer fente os recortes que veñen dende Madrid (Conxelación salarial, Paga Extra 2012, recortes nas retribucións en caso de baixa, recortes nas vacacions e nos moscosos), e máis para parar ou cambiar as reformas lexislativas de Gallardón ( Rexistro Civil, Tribunais de Instancia, Actos de Comunicación para os Procuradores, Xurisdicción Voluntaria para os Notarios, etc). Esta Plataforma ten ánimo de agrupar ó resto de Sindicatos, non de excluílos, asi en Galicia, teñen as portas abertas, tanto a CIG como SPJ-USO.
Nós cremos que para loitar contra o que ven dende o Goberno Central, debese facer a través dunha Plataforma que agrupe o todolos Sindicatos a nivel Estatal, sen exclusións, para seguir a mesma estratexia en todo o Estado, non constituir Plataformas en cada Comunidade Autónoma, que son moito máis dificicil de coordinar, e podería dar lugar a estratexias diversas, contrapostas e pouco efectivas.Ver calendario de movilizacions previsto polos 4 sindicatos que esta en suspenso, por petición de dúas Organizaciós Sindicais, hasta ver o que pasa na folga de Cataluña, é sustituíse por Asambleas, hasta o 22 de Outono, día en que se reunirán de novo para facer un calendario de paros.
Sen embargo consideramos que para loitar contra os recortes de Feijoo, si é necesaria unha Plataforma Galega, que conte con tódolos Sindicatos, esten ou nón na Mesa Sectorial, e eso é o que STAJ lles propuxo o xoves pasado o resto de Organizacións Sindicais de Galicia, convocando unha reunión para o mercores 25 en Santiago, donde acordemos unha estratexia común contra o recorte do 4% anunciado pola Xunta.
O venres os cinco Sindicatos sacan unha nota donde dín que se van a facer Asambleas informativas," para explicar a repercusión que terán todas as medidas de recortes, proxectos de lei, anteproxectos sobre el servizo público da xustiza, os dereitos laborais dos traballadores (funcionarios e persoal laboral) e sobre os cidadáns", pero nin contan con STAJ que é convocante, nin dín nada do recorte das Paga Extras para o 2014 anunciado por Feijoo.
Ver o Comunicado dos 5 Sindicatos sobre Asambleas
A Asambleas informativas están ben, pero o máis urxente e importante agora mesmo, é atacar o que nos afecta de modo exclusivo en Galicia, e que non lles afecta a maioría dos territorios do Estado.
Nós o mercores 25 ( día en que comenzan , según o comunicado, as Asambleas informativas) ímos a estar en Santiago agardando os representantes sindicais, para acordar medidas e así solucionar o recorte do 4% nas Pagas Extras do 2014, despois estaremos o que alí se acorde, sen descartar acudir as Asambleas, pero nón como invitados, senón como convocantes.