martes, 20 de agosto de 2013

Peticións de STAJ respeto dos Xulgados de reforzo de A Coruña e Vigo.

O día 2 de Septembro escomenzan a traballar os 2 Xulgados de Reforzo, un en A Coruña e outro en Vigo, que levarán en exclusiva, as demandas que se presenten nesas dúas cidades polos afectados das Preferentes e Subordinadas.

Esta Organización Sindical remitiu un escrito a Dirección Xeral de Xustiza, no que interesa que o prazo de funcionamento destes dóus órganos xudiciais de reforzo, sexa superior o que pide o CXPX, e polo tanto se alongue máis aló dun ano, durante o tempo que sexa necesario para poder levar a cabo a súa laboura con axilidad e  eficacia, que non quede solo nunha medida de escaparate.

Tamén lle pedimos que cando rematen co seu traballo respeto das demandas das preferentes e sobordinadas, se covertan en Xulgados de Primeira Instancia definitivos, que moita falta fan nestas dúas cidades.

Con respeto a plantilla que debe traballar en cada Xulgado, consideramos que, para que se actúe coa rapidez que demandan os afectados, son necesarios 4 Xestores/as, 4 Tramitadore/as e 2 Auxilios.

Nese  mesmo escrito pedimoslle a DXX, respeto da provisión das prazas, que convoque con urxencia  Comisión de Servizos, sin que se limite a mesma a persoal que traballe dentro Comunidade Autónoma, que sexa aberta o todos/as os que lles interese, traballen donde traballen.

Respeto das prazas, que por mor da Comisión de Servizo, queden desocupadas en Galicia, pedimos que sexan cubertas de xeito inmediato por persoal interino, que non se aproveite esto para aforrar cartos, e deixar os Xulgados con menos  persoal durante un tempo. 

Ver Escrito