Este Sindicato solicitou nun escrito á DXX, que a praza de Xestión que se xenerou a resultas no Xulgado de Primeira Instancia 5 de Vigo (Familia), se adxudique neste Concurso á persoa que máis dereito teña.
O código da praza saliu publicado na páxina web do Ministerio para que os interesados a puideran pedir a resultas, cónstanos que houbo moita xente de dentro e de fora da Comunidade que a pediu. Pero ainda que sí se produxo a resulta, non se adxudicou a ninguén, no que parece unha clara amortización, e o que vulnera o dereito de todos/as nós a solicitar, e a que se nos adxudique, as prazas que sae no Concurso a resultas.
A DXX non excluíu nin modificou da relacion de codigos que se publicou na web do Ministerio, esta nin nengunha outra praza , polo tanto está actuación non esta lexitimada legalmente, non poden facelo.
Si sabedes de casos parecidos facédenolo chegar canto antes.
Ver escrito