martes, 19 de marzo de 2013

Plataforma Sindical de Xustiza. Contra quen?

    Acabamos de enterarnos que se creou unha Plataforma Sindical de Xustiza, integrada por CIG-CSIF-UGT-SPJ e CCOO,  unha vez maís a este Sindicato o  exclúen consciente e voluntariamente de formar parte dunha unión sindical.
    Xa levamos así  tempo, e as exlusións son periódicas, non entendemos como se pode crear unha unión sindical sin contar con un dos sindicatos, a non ser que esa unión sindical sexa en contra do sindicato que se exclúe, co gallo  de que non figuremos en nengún sitio  e de relegarnos na nosa laboura sindical, que nos expliquen como pode ser mellor unha Plataforma de cinco que de seis.
   Seguramente, como disculpa, dirán que é unha Plataforma só dos sindicatos que están na mesa de negociación, pero eso non nos sirve, as Plataformas creanse para aglutinar o maior número de sindicatos, non como excusa par excluir.
     Non entendemos, como CIG e  SPJ, poden ter semellante comportamento, cando a ámbalas dúas formacions se integran, sen que STAJ poña nengún problema, unha e outra vez en Plataformas de ambito nacional( lembramos que CIG solo está en Galicia, e SPJ non ten representación na maioria do territorio español).   
   Seguramente saben que o perxuizo máis grande non  se lle causa a esta organización senon a todo colectivo, e que deixando atrás a un sindicato con representación, se perde a unha parte da forza que temos en conxunto, pero dalles igual, parece que o fin da plataforma é outro, e non reparan neso.
    A verdade é que a esta Platafoma non se lle coñece nengún logro,  a non ser, o de non querer que STAJ se sente, con voz pero sin voto, nas reunións coa DXX. Cando a Administración, por varias veces, nos convidou a asistir as reunións,  non pudemos facelo, pois ameazaron con non ir ou con levantarse si aparecíamos, "ningunear" sí que o saben facer ben.
   A pesar de todo, e despois de pedirllo en privado a varios responsables de eses sindicatos, quen non saben ou non contestan, PEDIMOS PÚBLICAMENTE A INCLUSIÓN DE STAJ NESA PLATAFORMA, pero só, si de verdade vai dirixida a loitar polos dereitos e as melloras nas retribucións do persoal de Xustiza, para outros fins, que non conten con nos.