O que sospeitabamos, o recorte do 4%, que polo Nadal anunciou Feijoo, que se iba a concretar nos complementos das duas pagas extras, vaísenos aplicar os/as traballadores/as da administración de Xustiza en Galicia.
Hoxe confirmounolo a DXX, que dí que para os funcionarios de Xustiza o recorte vai a supoñer, de media, máis do 4% da masa salarial en termos anuais, en concreto vai a superar o 5% do noso soldo anual.
O recorte vaí dende o 4,26% de desconto no soldo anual de un/unha Auxilio dun Xulgado de Paz, que son os que menos cobran, ata un 6% que se lle recorta os/as Xestores, que esten en posto de traballo donde se cobran maiores complementos.
Este recorte vaisenos aplicar no Complemento Autonómico Transitorio (CAT), nas dúas pagas extras do ano 2013, pero como con ese desconto, non lles vai chegar para o porcentaxe que nos queren recortar, é polo que van a ter que quitarnos parte dese Complemento, en outra ou outras nóminas ordinarias, e de momento non saben en cantas nin en cales.
A contía do Complemento Autonómico Transitorio (CAT) é para a gran maioría dos postos de traballo de 427 euros, subindo algo nos Imelga e nos Servizos de Apoio , chegando nos Servizos Comúns de Notificacións e Embargos a 560 euros.
STAJ oponse frontalmente a este novo atentado contra os nosas retribucións, e proporemos ó resto das forzas sindicais movilizacións conxuntas e contudentes, co gallo de parar, dunha vez, con esta sangría retributiva que nos está empobrecendo.
CONFORMARSE NON É UNHA OPCIÓN.
L O I T E M O S!!!!
STAJ oponse frontalmente a este novo atentado contra os nosas retribucións, e proporemos ó resto das forzas sindicais movilizacións conxuntas e contudentes, co gallo de parar, dunha vez, con esta sangría retributiva que nos está empobrecendo.
CONFORMARSE NON É UNHA OPCIÓN.
L O I T E M O S!!!!