1 de Febreiro:
Provincia da Coruña: A Coruña, Arzúa, Carballo, Corcubión, Muros, Negreira, Noia, Ordes, Ortigueira e Padrón
Provincia de Lugo: Becerreá, Chantada, A Fonsagrada, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Vilalba e Viveiro.
Provincia de Ourense: Bande, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, A Pobra de Trives, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia.
Provincia de Pontevedra: Caldas, A Estrada, Marín, Lalín, Pontevedra, Redondela e Tui
1 de marzo: Vigo, Ferrol e xulgados de paz con persoal funcionario.
Normas de uso do Sistema Kronos.
Os servizos que ten operativos o sistema neste momento son:
Rexistro de fichaxes, que indica a hora de entrada ou saída segundo corresponda.
Consulta do horario, que permite coñecer o horario que ten asignado o/a profesional na actualidade.
Consulta das fichaxes do mes en curso, que amosa as fichaxes de entrada e de saída rexistradas no sistema durante o último mes.
Mensaxes de saldo horario, que en función das fichaxes rexistradas, das ausencias xustificadas e do horario do/a profesional calcula o saldo do horario semanal deste/a, advertindo, se fose o caso, de posibles desviacións horarias.
Como acceder
Para acceder a este sistema, o/a usuario/a debe acreditar a súa identidade mediante o certificado de empregado público que ten aloxado na tarxeta corporativa, para o cal terá que introducila no lector de dispositivos criptográficos que terá dispoñible no seu ordenador. Unha vez identificado a través dun código PIN, poderá realizar a fichaxe de entrada e saída desde o seu posto de traballo.