martes, 28 de febrero de 2012

STAJ GALICIA TAMEN ESTIVO NO PARLAMENTO.

Como sabedes, hoxe aprobouse polo Parlamento de Galicia a Lei da Reforma da Función Pública, na que se conteñen os recortes nos dereitos dos funcionarios públicos, anunciados polo goberno de Feijoó.
Delegados e Afiliados de STAJ GALICIA manifestáronse contra esa Lei, xunto co resto dos sindicatos, diante do Edificio Parlamentario, manifestación que contou cuns 1.500 empleados públicos, de tódalas ramas da Administración Galega e tamén de Xustiza.
O mesmo tempo que se facía a manifestación na rúa, Representantes de STAJ e das demais forzas Sindicais entraban no Hemiciclo do Parlamento, e durante a votación da Lei, amosaron o seu rechazo ós recortes, mediante a exhibición de "carteis" que puidemos pasar burlando o estricto control de seguridade. Tal protesta fixo que se interrumpira a votación e costounos ós Representantes Sindicais a expulsión do hemiciclo e a identificación pola Policía.
As catro e media da tarde tuvemos unha xuntanza tódolos Sindicatos para acordar movilizacións futuras, pois ainda que a Lei foi adiante cos votos do PP, falta aprobar o Regulamento que a desenrole.
Nesa xuntanza fixáronse ASAMBLEAS para o día 1 de MARZO as 11:30 HORAS, e o término das mesmas CONCENTRACCIÓNS diante dos Edificios Administrativos e dos Xulgados, tamén se acordou para o MARTES 6 de MARZO, MANIFESACIÓNS en tódolos Centros de Traballo.
Tódolos Sindicatos quedamos en volvernos a xuntar o Mércores 7 de Marzo, para analizar as novas medidas a tomar.