martes, 11 de febrero de 2020

STAJ solicita a oferta a substitución das prazas que non sexan cubertas en comisión de servizos

Acabamos de presentar ante a Dirección Xeral de Xustiza escrito solicitando 

  • Que as prazas de nova creación que non resulten ocupadas por funcionarios/as mediante  o sistema de comisión de servizo,  sexan cubertas mediante a súa oferta a persoal funcionario de carreira polo sistema de substitucións entre titulares, e por último se non son ocupadas nesta forma, que se autorice persoal interino.


  • Que as prazas que deixen vacantes os/as funcionarios/as aos que se lle adxudique unha praza de nova creación polo sistema de Comisión de Servizo sexan cubertas mediante a súa oferta para substitucións entre titulares, e se non se cubrisen por substitución, que se faga mediante persoal interino.





STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.