lunes, 3 de febrero de 2020

STAJ renuncia unha vez máis as subvencións da Xunta de Galicia.

O pasado mércores 29  de xaneiro a Dirección Xeral de Función Pública  mandounos unha comunicación por mail onde nos remitiu un cadro coas  PROPOSTAS DE REPARTO das cantidades que nos correspoderían polas subvencións que a Xunta de Galicia destina ós Sindicatos con motivo das eleccións sindicais do ano pasado, concedéndonos a posibilidade de alegacións. Esta partida é solo unha das moitas que as Organizacións Sindicais reciben do Estado, da Xunta e de determinados Concellos.

Fiel aos principios do Sindicato, STAJ GALICIA RENUNCIOU un ano máis ás SUBVENCIÓNS que lle corresponderían da Xunta, pola representación obtida nas pasadas Eleccións do ano 2019. Dende STAJ pensamos que os Sindicatos deben financiarse exclusivamente a través das cotas dos seus afiliad@s, para manter a independencia e autonomía que se lle esixe a unha Organización Sindical respeto da Administración que recorta os nosos dereitos e contra a que debemos de loitar sen ningún tipo de ataduras ideoloxicas, políticas e moito menos económicas.

Cremos que os millóns de euros que entre tódalas Administracións lles REGALAN aos Sindicatos co ánimo de domesticalos, deberían empregarse en sufragar o recorte que sufrimos na nómina e a mellorar o servizo e a Administración de Xustiza, e advertimos a Administración que en EN NINGÚN CASO ha de destinarse a suma da subvención renunciada por STAJ a incrementar a suma que lle corresponda ao resto das Organizacións Sindicais.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.