lunes, 10 de febrero de 2020

EGAP: Cursos de linguaxe xurídica e linguaxe administrativa galega

Modalidade : teleformación e presencial ( solo algunha edición de linguaxe administrativa).
Horas por curso: 75
Prazas por edición: 25
Datas de realización dos cursos: 26/02/2020 a 26/04/2020.
Data do exame final: 02/05/2020.

Requisitos das persoas participantes:
 a) Os cursos van dirixidos aos empregados públicos e ás empregadas públicas destinados/as nas administracións territoriais, institucionais, entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao persoal da Administración de xustiza de Galicia e persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario galego, que se atopen en situación de servizo activo, permiso por parto ou maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar. 

Solicitudes:
 a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP , e non son admisibles outras formas de solicitude. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. As persoas que, de seren seleccionadas, desexen recibir os correspondentes avisos deberán facilitar unha conta de correo electrónico e un número de teléfono móbil. 
b) Cada persoa só poderá solicitar unha edición dos cursos convocados.

O prazo de presentación de solicitudes será de oito días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. 

Os formularios poderán ser obtidos e cubertos desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.

Ver resolución DOG

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.