jueves, 23 de enero de 2020

Ultima hora: borrador da nova modificación na Orde de substitucións

A Dirección Xeral de Xustiza acaba de remitirnos a seguinte comunicación por mail:

"Logo da consulta formulada en relación coa modificación da orde de substitucións, e unha vez recibidas as alegacións de todas as organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial de Xustiza, xurdiu a seguinte cuestión:

A pesar de penalizarse de forma expresa as renuncias producidas unha vez adxudicada unha substitución, podería seguir dándose o caso de solicitantes que, estando desempeñando unha substitución, poidan solicitar e ser adxudicatarios doutro posto en substitución ao non recollerse expresamente que isto non é posible xa que a adxudicación da nova substitución suporía implícitamente a renuncia da anterior e, en consecuencia, a penalización prevista na resolución.

Á vista do anterior, resulta necesario modificar o apartado 1 do artigo cuarto da Resolución, “Requisitos dos aspirantes”.

O que se comunica para que, no prazo de 5 días hábiles, se formulen as alegacións que se estimen pertinentes"






STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.