jueves, 30 de enero de 2020

STAJ pide a distribución das prazas do parking do edificio novo da Parda en condicións de igualdade.

ONTE PRESENTAMOS ESCRITO Á MAXISTRADA DECANA, donde lle expuxemos a nosa proposta de reparto de prazas.

A próxima semana remata o traslado dos xulgados e demáis servizos xudiciais ao edificio novo, e neste momento danse circunstancias no referente ao acceso as prazas de parking interiores que ,dende o noso punto de vista, deben rematar canto antes e de maneira satisfactoria para aqueles compañeiros/as que desexan ter unha praza para aparcar o seu vehículo mentras traballan. Non se pode alongar máis a situacións actual onde uns teñen praza e outros non, incluso sucede esto con traballadores que teñen destino no novo edificio, onde inexplicablemente uns aparcan dentro e outros na rúa. Tamén se debe dar acceso en condicións de igualdade aos compañeiros/as que traballan no edificio antigo, que ata agora non teñen esa posbilidade.

As 240 prazas con que contan o novo edificio son dabondo para os compañeiros que a diario vense obrigados a traer coche propio, moitos funcionarios ( inclúo a  Xuíces, Fiscais, Letrados, etc) viven cerca do xulgado a acoden a traballar andando, polo que ese numero de prazas deberían ser máis que suficientes para acoller a tódolos vehiculos que se usan a diario.

En base ao anterior  cremos que a adxudicación de un determinado número de prazas a cada órgano xudicial ou servizo, como se fixo ata agora, non é a mellor maneira para garantir que todo traballador que o  necesita teña acceso ao unha praza,  e sería fácil que se dese o caso de quedar prazas valeiras dentro do edificio, porque se lle adxudicaron a un xulgado onde ninguén ou moi poucas persoas usan o coche particular, e compañeiros doutros xulgados teñan que aparcar na rúa, porque nese órgano todos veñen no seu coche e non se lle adxudicaron prazas dabondo.

Para evitar esto, cremos necesario que se lle de acceso a todos os que o soliciten, mediante a entrega da correspondente tarxeta, e non se adxudique nin un determinado número de prazas por xulgado, nin se adxudique unha  praza concreta a cada persoa, nin se garde un numero determinada de prazas para detrminados Corpos,  se non que aquel que entre primeiro, vaia aparcando no primeira praza valeira que atope, e así tódolos días, o que permitirá tamén moitísima máis axilidade e rapidez para a aparcar ao non ter que cada quen buscar a súa praza,  e impediría que en caso de vaccions, permisos e licenzas de persoal quedase as suas prazas valeiras durante as súas ausencias. Por suposto vemos necesario a reserva de determinadas prazas para o persoal do xulgado de garda, para os integrantes dos corpos de seguridade, persoal de mantemento, etc.

Noutro orde de cousas, pensamos que asimesmo e necesario a distribución a todo o persoal que o solicite da tarxeta de acceso a pasarela que une ambos edificios, que como conoce se abre as 9  e se cerra as 14 horas, o que impide ao persoal que presta servizos no edificio antigo pasar por dita pasarela antes das nove da mañan e despois das 14 horas, e obriga a dar toda a volta, incluso ao persoal do corpo d auxilio que ten que trasladar expedientes e documentación dun edificio a outro.

Pontevedra a 28 de xaneiro de 2020.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.