viernes, 24 de enero de 2020

STAJ solicita unha sala- comedor para os edificios xudiciais de A Parda

Mandamos escrito a Subdireccion de Medios e a Xuiza Decana de Pontevedra coa literalidade seguinte:

Agora que se está a rematar o traslado do persoal dos xulgados ao novo edificio de A Parda, este complexo xudicial, edificio novo e máis o edificio vello, conta con cerca de trescentas persoas que desenrolan o seu traballo diario nesas instalación entre  xuices, fiscais, letrados, médicos forenses, funcionarios xudiciais, persoal do equipo técnico, persoal de mantemento, persoalde seguridade, persoal laboral etc.

Moitas  destas persoas a diario vense obrigadas, ben por necesidades do servizo, ben por necesidades personais de adaptación do horario e conciliación familiar, a comer nas instalacións durante a súa xornada laboral,  sen ter un sitio adecuado para tal necesidad, polo que se ven abocadas a xantar no seu posto de traballo, nos pasillos, en lugares pouco frecuentados dos edificios, nas cafeterías aledañas ou na propia rúa, para despois seguir coa xornada laboral. A maioria das veces estes persoas traen a comida da casa ou a mercan nun supermercado uo cafetería próxima.

Cremos necesario, e así nolo fixeron chegar moitos dos afectados, que se habilite un local, agora hai sitio de sobra tanto nun coma no outro edificio, para que os traballadores/as que deben comer durante a súa xornada laboral o fagan un sitio discreto e adaptado para ese menester, que conte con varias mesas e cadeiras e que esté equipado con unha nevera , un microondas , unha sandwichera e unha cafetera de cápsulas.

Esto que en Galicia é inédito dentro do ámbito da Administración de Xustiza, xa existe fai anos  noutras Comunidades Autónomas como Valencia, Andalucia, Madrid ou Cataluña, e cremos que contando con espazo de abondo, como se conta, vaI sendo horas de adaptar os edificios ao benestar dos traballores/as, que no caso que nos ocupa significaría unha mellora importante e cun gasto de escasa entidade.

Pontevedra a 23 de xaneiro de 2020.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.