lunes, 13 de enero de 2020

Queixa presentada por STAJ polos cambios na aplicación MINERVA


Este sindicato tivo coñecemento que dende o día 8 de xaneiro estanse a realizar  por localidades  cambios e actualizacións significativas na APLICACIÓN INFORMÁTICA MINERVA. Os cambios na devandita aplicación son importantes, aparecendo novas pestanas, cambiando a maneira de xerar os documentos, etc…, todo iso sen unha formación previa nin unha guía que especifique as modificacións.

Como é de supoñer, esa Dirección Xeral de Xustiza estará ao tanto da realización de tarefas de mantemento ou cambio nos sistemas operativos que se utilizan nos Xulgados galegos, co cal solicitamos, que previamente á implantación de calquera cambio significativo nos sistemas operativos, ou aplicacións informáticas que se utilizan nos Xulgados, a FORMACIÓN PRESENCIAL PREVIA DOS FUNCIONARIOS afectados.

Por todo o exposto, SOLICITAMOS, que de forma inmediata realícese unha formación presencial contendo as modificacións e cambios novos do MINERVA.

 
 
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.