martes, 17 de diciembre de 2019

Prohibidos os accidentes " in itinere" por "prescrición legal" para os funcionarios que pertencen ao réxime especial de clases pasivas

Segun a normativa vixente, a calidade ou condición de funcionario de xustiza, é incompatible coa posibilidade de ter un accidente " in  itinere".

Aínda que non todos os accidentes " in  itinere" son necesariamente de tráfico, si constitúen a gran maioría, e as consecuencias van ser moi diversas. Hoxe falaremos da peor de todas que é aquela que dá lugar a:

  •  pensión extraordinaria de  JUBILACION por incapacidade do traballador
  • ou pensión de viudeda ou orfandade por FALECEMENTO do  mutualista sobrevinda como consecuencia do accidente " in  itinere".

En seguridade e saúde laboral todos sabemos que o accidente " in  itinere" é o que ocorre durante o desprazamento do traballador desde o seu lugar de traballo ao seu domicilio e viceversa, salvo que este interrompa ou modifique o traxecto por causas alleas ao traballo pois rompería o nexo  causal. Por este motivo o accidente " in  itinere" quedaría asimilado co accidente laboral coma se ocorrese no lugar de traballo porque  se debe á necesidade do desprazamento que ten que realizar o traballador para acudir ao seu posto de traballo e logo retornar ao seu lugar de orixe.

Este concepto, creado pola xurisprudencia na orde social,  fué incorporado á Lei Xeral da Seguridade Social desde o texto refundido aprobado polo Decreto 2065/1974, do 30 de maio, ou sexa,  13 anos antes de publicarse  o último texto refundido da Lei de clases pasivas do Estado, por iso é que o colectivo de xustiza, non está afectado por igual,  asi temos que se dá o seguinte paradoxo:

 a) teñen recoñecido o accidente " in  itinere" e por tanto o dereito a:

percibir unha pensión extraordinaria de xubilación por incapacidade do traballador, (tras a declaración que recoñece que sufriu este tipo de accidente). 

- percibir unha pensión de orfandade ou viuvez en caso de defunción do traballador, (tras a declaración de que o  óbito produciuse como consecuencia do accidente). 

Todos os traballadores de xustiza interinos e os titulares que accederon aos diferentes corpos con data posterior ao 1 de xaneiro de 2011.

A maiores cabe dicir que, ata hai uns meses e tras a denuncia de  STAJ  ante a Inspección de traballo, en Galicia aos funcionarios de xustiza non se lles recoñecían os accidentes laborais posto que TODOS os accidentes que puidésemos sufrir entendíanse como continxencia  comun.  Pero a partir da nosa denuncia e tras o requirimento que a inspección de traballo realizou á Dirección  Xeral, abriuse unha páxina nova na intranet sobre accidentes laborais dos funcionarios de xustiza. E isto é moi importante por moitos motivos e,  concrétamente no caso que nos ocupa, é fundamental que se sigan as instrucións que para en caso de accidente  laboral establécense nesa páxina para o recoñecemento do accidente sufrido " in  itinere" como accidente laboral pois con el, tanto os interinos como o persoal titular poserior ao ano 2011 poderán iniciar o expediente que aos fins de conseguir unha xubilación extraordinaria por incapacidade ou pensión de orfandade ou viuvez, establece a Lei Xeral da Seguridade Social á que pertencen.

STAJ recoñece que nesas instrucións que aparecen na páxina en cuestión existen flocos que se deben puír para que quede  meridianamente claro, os pasos que en casos tan graves como este, deben de realizar ambos os colectivos, ao constituír un requisito indispensable para o recoñecemento dos seus dereitos ante a Seguridade Social onde hai que tramitar o correspondente "expediente."

Pero ¿que ocorre cos funcionarios que pertencen ao  Regimen especial de "clases pasivas do Estado"?,  ou sexa, todos os traballadores titulares de calquera dos corpos da administración de Xustiza aos que accederon con data anterior ao 1 de xaneiro de 2011 . Pois sinxelamente que, 

b) non poden ter un  accidente " in  itinere"  de tan graves consecuencias porque non lles sería de aplicación o concepto arriba indicado, senón o que establece o  art. 47.2 do  R.D lexislativo 670/1987 do 30 de abril polo que se aproba o texto refundido da Lei de clases pasivas  do Estado, onde se establece que dará orixe a "unha pensión extraordinaria de xubilación" a incapacidade permanente para o servizo ocorrida en acto de servizo ou como consecuencia directa da natureza do servizo desempeñado. Idea avalada pola xurisprudencia e que deixa sentada, a A.N nunha sentenza ditada o  pasado día 12 de xuño de 2019  na que explica que, a pesar de que os accidentes  in  itinere son accidentes laborais a efectos legais, en cuestión de pensións extraordinarias, se non teñen relación co servizo prestado, non dan dereito a pensión. Que o concepto manexado pola normativa da seguridade social, non pode ser equiparado co manexado por outras normativas..."

A Lei de clases pasivas do Estado modificouse en 38 ocasións a través doutras tantas normas con rango de lei pero en ningunha delas conseguiuse que se recoñeza aos funcionarios o accidente " in  itinere" como accidente laboral. E, mentres tanto, seguiremos sufrindo este desaguisado normativo que implica unha enorme inxustiza entre os integrantes dun mesmo colectivo, segundo sexa o Réxime de Seguridade Social ao que pertenzan, que ademais, resulta especialmente doloroso para o traballador e a súa familia, dadas as  gravísimas consecuencias de todo tipo que un accidente destas características xera, sendo por iso inaceptable, que no momento mais vulnerable do traballador, que se ve forzado a unha xubilación por incapacidade, non se lle recoñeza que  o accidente que sufriu  in  itinere fose laboral,  nin á familia recoñézaselle polo mesmo motivo a correspondente pensión  de orfandade e viuvez. As contías destas pensións son sensiblemente incrementadas se se trata dun accidente laboral  ademas, se o accidente  in  itinere foi de trafico,  estariamos falando de dous accidentes cuxas consecuencias económicas NON SON INCOMPATIBLES:

- un accidente de tráfico

- e un accidente laboral

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.