martes, 17 de diciembre de 2019

CONVOCATORIA DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DE XUSTIZA


Logo das distintas e reiteradas peticións que dende STAJ temos remitido á DXX a fin de que se convoque o Comité de Seguridade a Saúde de Xustiza convócanos a reunión de Comité de Seguridade e Saude de Xustiza para o próximo día 20-12-2019 ás 10:30 horas coa seguinte orde do día:


1. Aprobación da acta da sesión anterior.

2. Información sobre obras. Obras menores 2018 e 2019.

3. Avaliación de riscos psicosociais do Xulgado do Penal 1 de Pontevedra.

4. Rolda de intervencións.

Xunto coa convocatoria achégase:

- Acta do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Administración de Xustiza do 10 de outubro de 2019.

- Relación de obras menores 2018 e 2019

- Información das actuacións producidas dende o último comité en materia de Accidentes de traballo.

- Relación de avaliacións de riscos realizadas en edificios xudiciais
 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.