martes, 20 de agosto de 2019

O CXPX aprobou o nomeamento de xuíces e xuizas de reforzo para os xulgados sociais de Lugo e para o xulgado de familia de Ourense



"Publicado na páxina de poderjudicial.es"


"O Consello Xeral do Poder Xudicial acordou na Comisión Permanente celebrada o 11 de xullo renovar as medidas de apoio para reforzar os xulgados do Social de Lugo. En concreto, aprobou, dentro da execución do plan extraordinario de reforzo en materia de despedimentos, unha comisión de servizo con  relevación de funcións a favor de Eladio Prieto Bellas, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único da Fonsagrada, co obxectivo de que esta medida permita finalizar 60 asuntos deste tipo cada mes.

O  CGPJ tamén deu o visto e prace á renovación da comisión de servizo con  relevación de funcións a favor de María Gabriela Gómez Díaz, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº1 de Vilalba, para reforzar de forma xenérica os xulgados do Social de Lugo. As dúas medidas de apoio establecéronse ata o 31 de decembro de 2019.

Para tomar esta decisión, a Comisión Permanente do  CGPJ tivo en conta a evolución e o estado dos órganos para reforzar. Ao finalizar o primeiro trimestre de 2019 os xulgados do Social de Lugo tiñan en trámite 4.426 asuntos, unha media de 1.475 por órgano xudicial.


O  CGPJ tamén aprobou reforzar ata o 31 de decembro de 2019 o Xulgado de Primeira Instancia nº6 de Ourense, especializado en dereito de familia, determinación da capacidade e internamentos, cunha comisión de servizo sen  relevación de funcións a favor de Luís Doval Pérez, titular do Xulgado de Instrución nº2 de Ourense"

Estamos á espera de que nos vindeiros días a Dirección Xeral de Xustiza nos de traslado ás organizacións sindicais do persoal que están valorando para a dotación destes novos órganos de reforzo. 

Manterémovos informados.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.