viernes, 23 de agosto de 2019

Convocatoria de curso de prevención de riscos laborais: nivel básico



Publicado no DOG



A EGAP convoca o curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Persoas beneficiarias: poderán participar na acción formativa convocada nesta resolución os/as empregados/as públicos/as que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II e os/as traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Prazo de presentación: do 26 de agosto ao 4 de setembro

Lugar de presentación de solicitudes:


Preme aquí para acceder á resolución

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.