martes, 30 de julio de 2019

Staj denuncia o exceso de calor no edificio xudicial de Ferrol

O edificio dos xulgados de Ferrol carece dun adecuado sistema de aire acondicionado. Nas plantas superiores a calor é insufrible, tendo soamente un aparello ventilador vello que é del todo insuficiente. Xa no ano 2017, o Staj formulou denuncia poñendo de manifestó este extremo, non sendo contestado nin solucinado o problema a día de hoxe. Outro ano máis este sindicato vese na necesidade de formular escrito de queixa ante a DXX e posterior denuncia ante a inspección de traballo (se a Xunta non arranxa o problema), dado que os compañeiros alí destinados sofren un auténtico inferno coa chegada do bo tempo.

As temperaturas que puidemos comprobar co persoal de mantenemento son elevadísimas chegando a alcanzar os 30.2º excedendo notablemente da normativa sobre riscos laboráis. Á primeira hora da mañá a temperatura é xa moi alta, incrementándose ao longo da xornada polo aumneto da calor no exterior, funcionamento dos equipos eléctricos en funcionamento, cadros de luz, etc. Nas salas de vistas a calor dispárase, debendo ter en conta a cantidade de público que accede a elas e o tempo de permanencia.

STAJ SOLICITA: que urxentemente, se tomen as medidas necesarias para solucionar el problema, e se doten de ventiladores auxiliares suficientes para conseguir reducir la temperatura uns graos, mentres non se realicen as obras necesarias de acondicionamento, de forma que os traballadores/as das plantas superiores (Xulgado Instrucción nº 3, Xulgado Primeira Instancia nº 5, Xulgado do Penal nº 2, salas de vistas 3ª y 4ª planta) deixen de sufrir temperaturas inadecuadas que pode nalgún momento aconsellar o abandono destas oficinas para non sufrir os efectos sobre a saúde que pode ocasionar a exposición continuada as altas temperaturas.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.