lunes, 15 de julio de 2019

Escrito de STAJ solicitando a creación de novas prazas e novos xulgados

O día 12 de xullo do 2019, o STAJ remitiu escrito á Dirección Xeral solicitando a inclusión nesta listaxe provisional das prazas que consideramos urxentes incluir, así como a solicitude creación de seis unidades xudiciais en todo o territorio.

NOVAS PRAZAS

STAJ solicita que a dirección Xeral de Xustiza inclúa dentro das prazas de nova creación que se van remitir ao Ministerio as seguintes:

- 1 praza de tramitación no Xulgado de 1ª Instancia nº 4 de Ourense.
- 1 praza de tramitación no Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 1 de Caldas de Reis.
- 1 prza de tramitación ou xestión en cada un dos 3 xulgados de Vilagarcía.
- 4 prazas de tramitación para a Fiscalía de Pontevedra.
- 1 praza de tramitación para a Fiscalía de Vigo, aparte da praza proposta.
- 1 praza de auxilio para o Decanato de Lugo.
- 1 praza de tramitación para a Fiscalía de Lugo.
- 1 praza de auxilio para a Fiscalía de A Coruña.
- 1 praza de auxilio para o Decanato de Carballo.

NOVOS XULGADOS

STAJ solicita que a Dirección Xeral inicie os trámites para solicitar ao Ministerio de xustiza a creación de 7 órganos por exceso de carga de traballo, que son os seguintes:

- Xulgado bis de Familia para Ourense.
- 3º Xulgado do Penal en Ourense.
- 4º Xulgado para Vilagarcía.
- 2º Xulgado de Violencia Sobre a Muller en Vigo.
- 4º Xulgado do Penal en Vigo.
- 4º Xulgado do Social en Lugo.
- 4º Xulgado para Ribeira.


Ver escrito presentado




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.