viernes, 5 de abril de 2019

Xdo de Instancia 5 de Pontevedra: STAJ solicita que a praza de tramitación saia en substitución vertical

O día 4 de abril STAJ remitiu escrito á Dirección Xeral solicitando que a praza de tramitación procesual do Xulgado de Instancia 5 saira a substitución vertical porque o seu titular está traballando fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, polo tanto debe ofertarse a substitución entre titulares. Este é o contido do escrito presentado: 

Onte publicouse no OPAX o chamamento de persoal interino do Corpo de Tramitación para o Xulgado de Primeira Instancia nº 5 de Pontevedra, praza que se atopa vacante despois de que a súa titular promocionase ao Corpo de Xestión e se fose a traballar a un posto de traballo fora de Galicia.

O propio Regulamento de ingreso e provisión de postos desenrolado polo Real
Decreto 1451/2005 e a Orde de 4 de outubro de 2018 que regula ao persoal interino da Administración de Xustiza en Galicia consideran que as prazas vacantes deben cubrirse polos sistemas de Comisión de Servizo ou Substitución. Incluso consideran ambas normas que as ausencias de longa duración se poden cubrir polo sistema de substitución, concretando a Orde que regula ao persoal interino, que di no seu artigo 17 que non se cubrirán por interinos as vacantes e as desocupacións de longa duración que a estos efectos considera aquelas desocupacións que poidan durar máis de tres meses.

No caso da praza de Tramitación de Instancia 5 de Pontevedra cumpre o dobre
requisito, tratase dunha vacante e ademais esa vacante vai ter unha duración no tempo moi superior aos tres meses, pois saíndo a concurso este ano non se vai a cubrir polo titular ata ven entrado o mes de febreiro do ano que ven, por eso non vemos a necesidade de nombramento de persoal interino e consideramos que o acorde coa normativa e o máis adecuado é sacala praza a Substitución, por ser o que contemplan as normas e sobre todo pensando no perxuizo que se lle crea a persoas que estando fora de Pontevedra traballando, ven nesta praza unha posibilidade de traballar na localidade donde viven.

Polo exposto SOLICITO que se anule o chamamento publicado onte no OPAX
referente a praza de Tramitación de Instancia 5 de Pontevedra e se publique para que a súa cobertura sexa por medio do sistema de Substitución.


Pontevedra a 4 de abril de 2019.





STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.