jueves, 11 de abril de 2019

STAJ pide unha vez máis a regulación das Comisións de Servizo e a reforma das Substitucións.

STAJ reitera novamente á DXX  a convocatoria de mesa de negociación sobre a regulación das Comisións de Servizo en Galicia así coma  a  reforma da  Orde pola que se regulan as Substitucións entre titulares.

Dende STAJ consideramos que é unha urxencia imperiosa a regulación tanto das comisións de servizo coma a reforma das substitucións en Galicia, a última vez que houbo unha reunión na que se trataran as Comisións de Servizo  foi e septembro do ano 2017 e quedou todo en nada, ademais cremos convinte a súa regulación por separado e con urxencia, a DXX quería regulalas nunha única norma,porque as substitucións teñen a suficiente entidade como para regulalas por separado.


Facemos un resumo das alegacións  feitas polo sindicato STAJ no seu día con respecto ás Comisións de Servizo:

-No borrador non se detallan as comisión de servizo para postos singularizados (Xestor/as responsables en fiscalía, Xefaturas no IMELGA, e Xefaturas na Nova Oficina Xudicial cando entre en funcionamento. Dende STAJ cremos necesaria unha regulación específica dos postos singularizados., nas próximas RPTs que entrasen en funcionamento proximamente.

- Que as prazas que deixan os adxudicatarios dunha comisión de servizo salgan sempre a substitucion.

- Que os requisitos de acceso non sexan só a antigüidade, senón antigüidade e idioma, coma nos concursos de traslados.

-Que aparte das prazas vacantes, sexan incluídas as liberacións sindicais e as desertas nos concursos.

-Pedimos suprimir os 6 meses de servizos de traballo efectivo para poder optar á comisión. Que non se limite o tempo de servizos prestados.

-No borrador non se admite outra solicitude que vía telemática co certificado electrónico e co programa CHAVE365. Se hai problemas co acceso ó portal e ó sistema, STAJ solicita que sexa posible enviar as solicitudes por FAX, en caso de avaría e imprimindo o erro ou a súa incidencia correspondente.



En canto as Substitucións debese modificar a normativa para concretar os supostos de preferencias horizontais e verticais, regular supostos de ceses, prioridades territoriais, requisitos de acceso, eliminación do cese por 15 días de ausencia na subst¡tución, posibilidade de penalización no caso de cese voluntario ou renuncia previa, etc….


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.